YNVARNEK - Os humanos non entenden o significado da mensaxe dos nosos
devanceiros tanto como non entendemos o porque de teren escollido a
Terra, tan distante do noso lar.
HUTERAB - Eu o acompaño, Ynvarnek, na procura dunha resposta para este
sentimento que hai dentro de min.
7.š+++/JHK - weewemdivj djdfkjkdsjfj dfdeeremfdi.
YNVARNEK - Eu sei, meu amigo, vostede sería capaz de explicar ós
humanos, pero eles non crerían em vostede.
HUTERAB - A nave de neutróns está pronta.
7.š+++/JHK, xa debería estar no seu posto.
YNVARNEK - Huterab, ¿será que eles van voltar?
HUTERAB - ¿Os devanceiros? Eles están en algures, como tamén un día
estaremos. Tódolos que atinxen a idade de Gramahab atinxen a dimensión
fractual, onde non existe o tempo.
7.š+++/JHK - jffjkjsdjfjdfj ieiiiiiviv wqfkdfkdkkkkkld.
YNVARNEK - Non, amigo. Os neutrónicos non poden atinxir a dimensión
fractual. Os seus compañeiros que o tentaran desmaterializaron-se.
HUTERAB - Ynvarnek...
YNVARNEK - Garde as súas palabras para cando estea certo delas.
HUTERAB - Vostede é insensible.
7.š+++/JHK - mmmmmmmmmkfjsdfiuidfuk dfjsdjdferefi?
HUTERAB - Si, pode accionar o propulsor, xa copiei a mensaxe.
------------------------------------------------------------------------
Ignacio Agulló · www.agullo.tk
-
1 commentaires:
ya! xa copiei o mensaxe! palabras!
Enviar um comentário